Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 5 de decembro de 2013

E volta coa lingua dos certificados...

Xa publiquei hai uns días unha brevísima entrada na que expoñía o caso dunha investigadora da USC á que lle veu rexeitada a solicitude dunha bolsa porque o seu certificado de estudos non estaba escrito en español nin en inglés.

Volvo co tema e coa teima porque a resposta do goberno galego (na boca do conselleiro de Educación) é o seu ofrecemento para traducirlles os certificados aos cincocentos estudantes que se encontran na mesma situación. Non só iso, senón que o tal Xesús Vázquez declara que agarda que no futuro toda a documentación expedida polas universidades galegas sexa bilingüe.

E digo eu: por que non propón que vaia redactada integramente en inglés; xa que, polo visto, en España, malia non estar recoñecido como lingua oficial, cooficial nin rabo de gaita, ten máis valor para as institucións que financiamos entre tod@s (incluíd@s @s galeg@s) que as demais linguas do Estado?

Ningún comentario:

Publicar un comentario