Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 7 de decembro de 2013

Mellor que Messi e CR 7 xuntos

Á esquerda, Mayarel; á dereita, Gacio
En El Correo Gallego de hoxe, Salomé Barba entrevista á viguesa Susana Rodríguez Gacio. Recoñezo que eu non sabía nada dela ata hoxe, malia ser, xunto coa súa guía (Mayalen Noriega):

- Subcampioa mundial de tríatlon en 2013
- Campioa mundial de dúatlon en 2012
- Campioa mundial de tríatlon en 2011
- Campioa mundial de dúatlon en 2011
- Campioa mundial de tríatlon en 2010
- Campioa mundial de dúatlon en 2010


Susana padece albinismo. Por este motivo, a súa capacidade visual está seriamente restrinxida: nun ollo mantén un 5% de visión e no outro un 10%.


A atleta, nada en Vigo en 1988, rematou os seus estudos de Fisioterapia e iniciou a carreira de Medicina, que era o que realmente quería. Relata na entrevista que comezou con Fisioterapia porque todo o mundo lle dicía que lle ía resultar moi difícil facer Medicina. A realidade é que está aprobando un curso por ano, e agora vai en 5º. 

Un día normal na súa vida consiste en asistir ás clases da facultade na USC de 8.30 a 14.20. Algunhas tardes tamén ten aulas. Adestra tres horas diarias e estuda polas noites, entre as 10 e a 1 da mañá.

Preguntada sobre se algunha vez se sentiu discriminada, responde que non lembra ningunha anécdota concreta ao respecto, pero que, en xeral, a sociedade non está feita para as persoas diferentes. Afirma, no entanto, que ela considera a súa discapacidade unha cualidade máis.


Non é mellor que CR 7 e Messi xuntos?

2 comentarios:

  1. jajjajaj este arquivo encantame todo ai ke admitilo, afan de superacion e a de esta muller. cmo atletea gustam ver ke ai persoas ke tamen se acordan deste deporte

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que haxa algo no blog que che guste. Tentarei ir poñendo máis cousas de deporte (alternativo, xa sabes... creo que hai unhas futbolistas en Burela que son o máximo, xa buscarei información sobre elas para poñela)

    ResponderEliminar