Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 20 de febreiro de 2014

Redondelando

En cada casa, fabas lavan. En Redondela abondan as boas fabas, que espesan o caldo e alimentan.

Grazas transparentes a todas as persoas que me fixeron fácil o traballo no Illa de San Simón. Á subministradora de cafeína, alento para seguir sendo desas mulleres que o mesmo valen para un roto que para un descosido. Grazas tamén á gobernadora dos papeis e mais á que se ocupa e preocupa de quen o ten máis difícil. (Dos que mandan non me ghusta falar, que logho todo se sabe... Son boa xente pero non son eu de facer a pelota). Ao que deixa entrar a luz mesmo antes de que amañeza...; ai, mi madriña, que falta fai a luz!

E sobre todo, lembranza da rapazada que, a pesar de todo, segue vindo de fronte e dereitiña, dereitiña, cara a nós. Somos nós os que nos despistamos, ás veces, e quedamos pampos mirando pola fiestra para trens que van a ningures.

2 comentarios:

  1. Mesmo me gusta esa opinión sobre da rapazada (termo tenro e limpo). Despois de trinta anos neste neghocio (teño gañado tantas boas cousas que ben merece que se chame así) fáiseme ben claro que onde máis segura está unha é raparigando. E aprende.

    ResponderEliminar
  2. Mágoa que os adultos, case sempre, nos empeñemos en desnortalos; que eles ben saben onde queren ir e como.

    ResponderEliminar