Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 21 de febreiro de 2014

Valores non son prezos

Jona, xogador do Real Jaén, coa camiseta prohibida
O 15 de febreiro, Día do Cáncer Infantil, un xogador do Jaén decidiu dedicarlles un gol aos meniños afectados por esta doenza que asistían ao partido, erguendo a camiseta oficial para amosar unha mensaxe interior improvisada a bolígrafo: "Ánimo, pequeñines. Día Mundial del Cáncer Infantil".

Aplicando o artigo 91 do código, o futbolista é sancionado polo Comité de Competición cunha multa de 2.000 euros. Este artigo prohibe exhibir calquera camiseta diferente da oficial que conteña publicidade, lema, anagrama, sigla ou debuxo. 

Porén, os deportistas poden anunciar tabaco, bebidas enerxéticas insalubres, países que non respectan os dereitos humanos... en fin, calquera cousa, sempre e cando se pase por caixa. O que non se consente é unha mensaxe espontánea de alento que todos subscribiriamos. Estes son os valores do deporte que inculcamos. Bravo! 

P.D.: O Comité de Apelación da Federación Española de Fútbol retira a sanción a Jona, baseándose en que os trazos escritos a bolígrafo non podían lerse a distancia e polo tanto non estaba a facer publicidade. Pois menos mal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario