Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 15 de abril de 2014

De profesión: os seus labores

Xoan Carlos I,  nunha visita
aos Emiratos Árabes en 2012.
Daquela, segundo El Confidencial,
foi agasallado con dous Ferrari
Nestes días as seccións de Internacional dos xornais e das televisións non se fartan de enxalzar o inmenso labor diplomático do rei Xoán Carlos I (xefe do Estado español por obra e graza da nai que o pariu) na súa "tourné" por países árabes.
Os medios destacan anteriores logros, como a adxudicación da construción do metro de Riad ou a do AVE á Meca a empresas españolas grazas á mediación do soberano; ao tempo que calan os contratos para a venda de armamento a países que destacan especialmente polo respecto escrupuloso aos dereitos humanos, nomeadamente aos do sector da poboación que naceu con vaxina.
Tampouco nos contan qué parte do león (acáelle máis que o quiñón) vai levar o monarca que, como sabemos, se dedica ao lucrativo oficio de comisionista cando non está matando paquidermos e outros mamíferos en perigo de extinción, navegando a toda vela ou desconxuntándose con calquera outra actividade deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario