luns, 30 de xuño de 2014
sábado, 28 de xuño de 2014
Heroes (Bárcenas & Co.)
No álbum Dez atopamos a verdadeira historia de Bárcenas e amighiños
A tola do quad
Polas camiñadas sen rumbo
e con bochas nos pés,
polos momentos máxicos xuntas:
a sorpresa do porrón enorme
sobre o tellado,
a penúltima peza do mosaico,
a escena dos secretas
detendo un home...
polas conversas e os ánimos,
polos seráns con piscolabis,
pola paciencia e a comprensión,
por 60 km de rally imprevisto en quad
abraiando paisanos
e por todo o que non fai falta dicir:
grazas.
e con bochas nos pés,
polos momentos máxicos xuntas:
a sorpresa do porrón enorme
sobre o tellado,
a penúltima peza do mosaico,
a escena dos secretas
detendo un home...
polas conversas e os ánimos,
polos seráns con piscolabis,
pola paciencia e a comprensión,
por 60 km de rally imprevisto en quad
abraiando paisanos
e por todo o que non fai falta dicir:
grazas.
venres, 27 de xuño de 2014
Pensando na pensión
Por cada euro achegado polos eurodeputados
para as súas pensións complementarias,
os contribuíntes entregamos dous
|
xoves, 26 de xuño de 2014
Xeración 2000, sen tabaco
O caso destas dúas xemelgas idénticas
con vidas paralelas (agás no consumo de tabaco) levou os dermatólogos a investigar e demostrar os efectos nocivos do tabaco sobre a pel |
A Asociación Médica Británica, que xa conseguiu aprobar legalmente dúas medidas pioneiras que logo se estenderon a outros países (a prohibición de fumar nos espazos públicos e mais nos vehículos que transporten menores) lanza agora unha proposta nova e radical: a prohibición de venderlles tabaco ás persoas nacidas despois do ano 2000.
A realidade é que o 80 % dos fumadores británicos se iniciaron no consumo de tabaco durante a adolescencia e calcúlase que ao longo do século XX morreron cen millóns de persoas no mundo a causa do tabaquismo.
Valentía castrexa
Castro, bravo. Bravo, Castro! |
Logo de catro anos de instrución do Caso Nóos, o xuíz Castro decide manter a imputación da infanta Cristina, por considerala cooperadora necesaria nos delitos fiscais do marido e por branqueo de capitais.
O maxistrado considera que a socia de Urdangarín participou da trama corrupta argallada mediante a empresa pantalla Aizoon e que se lucrou con ela.
Por outra banda, ao xenrísimo atribúelle delitos varios ata un total de vinte e cinco.
Encontraremos a afouteza do xuíz instrutor nas persoas encargadas de decidir se o caso vai a xuízo?
E se así acontecer, haberá outro maxistrado capaz de enfrontar coa súa coraxe tal proceso?
mércores, 25 de xuño de 2014
Medicación
Videoclip non recomendado para persoas baixo tratamento médico
e residentes en Compostela afeccionadas aos paseos nocturnos
* O vídeo dura 4'42"
Fluzo é a proposta vangardista de Javi e Hevi
Graffiti da Coruña (Contraste)
G- anders |
Os graffiti son arte popular que pertence ás olladas que os contemplan, como acontece coa obra que aparece en primeiro plano e que Glenn Anderson pintou na rúa Orzán da cidade herculina. Ao fondo e á dereita, o colorido do Bar Tracio contrasta e sorprende, creando a ilusión dunha realidade estraña e paralela.
Portas engaioladas
martes, 24 de xuño de 2014
Familias listas
Sede do Tribunal de Contas, inmoble multifamiliar |
Resulta que dos 700 traballadores do Tribunal de Contas estatal, case un cento manteñen relacións de parentesco cos altos cargos actuais ou pasados da institución.
Considerando que estes funcionarios ben pagados (cobran uns 3.000 euros mensuais de media) acceden ao corpo por oposición, só existe unha explicación posible: a intelixencia e a capacidade de estudo son unha cuestón xenética.
Considerando que estes funcionarios ben pagados (cobran uns 3.000 euros mensuais de media) acceden ao corpo por oposición, só existe unha explicación posible: a intelixencia e a capacidade de estudo son unha cuestón xenética.
Graffiti da Coruña (Viaxe virtual)
Por obra e graza
da teima
de Miguel Trillo
en fotografar
os membros
das tribos urbanas,
un moteiro
de Seúl...
...
remata
fitándonos
desde un muro
da Coruña.
luns, 23 de xuño de 2014
Tetracampioa (e moito máis)
Fotografía de La Voz de Galicia |
A arousá Cristina González converteuse esta fin de semana na primeira atleta que gaña por cuarta vez o Campionato de España de 100 km. A moza non se conformou coa vitoria, senón que estableceu un novo récord, cun tempo inferior ás oito horas e cuarto.
Malia o seu éxito profesional, a ultrafondista debe combinar o duro adestramento con dous traballos: dependenta nunha tenda de deportes (en horario de mañá e tarde) e fisioterapeuta (ao mediodía).
Os ídolos de masas son outros. Mágoa!
Se queres ler o artigo de La Voz de Galicia do que tirei a información, preme no enlace:
domingo, 22 de xuño de 2014
Mari Castaña
Letreiro do restaurante Mari Castaña, sito na rúa Orillamar (gggrrrr!!!) da Coruña |
Mari Castaña foi unha fidalga galega do século XIV nacida na Cereixa (A Pobra de Brollón, Lugo) que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico. Cóntase que chegou a matar o mordomo do bispo de Lugo, que era o encargado de recadar os fortes impostos contra os que se rebelou a tal María; pero unha vez sufocado o levantamento, viuse obrigada a ceder os seus bens á Igrexa para recuperar a liberdade.
A súa fazaña ficou en forma de lenda no imaxinario popular e deu orixe á famosa expresión que se asocia ao seu nome: "nos tempos de Mari Castaña", para enfatizar que algún suceso ou algún costume non pertence á actualidade, senón a tempos moi afastados.
Ergueitos fronte ao mar
Menhires pola paz é un conxunto escultórico deseñado por Isaac Díaz Pardo e labrado por Manolo Paz para render homenaxe aos fusilados durante a Guerra Civil no Campo da Rata da Coruña.
sábado, 21 de xuño de 2014
Tramando cos tramos
Os técnicos do Ministerio de Facenda sinalan que os únicos beneficiados pola simplificación dos tramos no IRPF serán os declarantes que ingresan máis de 150.000 euros ao ano.
Como haberá que compensar dalgunha maneira a caída de ingresos derivada desa medida económica, ti a quen cres que lles tocará pagar ao final?
Pawel Kuczynski |
venres, 20 de xuño de 2014
Un momento máxico
Ernesto Fernández, a piques de rematar |
Antonte, mentres unha gran parte da poboación apampaba e sufría mirando para os mercenarios do balón, en Marineda City podiamos asistir a un momento máxico: o instante exacto no que o "rubikeiro" Ernesto Fernández colocaba o penúltimo cubo para compor o mosaico colorido da faciana de Nelson Mandela.
O coruñés contounos que levaba investidas unhas 35 horas de traballo (dificultado pola rixidez dos cubos) para conseguir un novo récord: 4.664 poliedros coa combinación exacta de movementos para deseñar a cara do líder surafricano.
Unha idea perfeccionista asaltou a mente do speedcuber no último instante: na esquina superior dereita debían aparecer os algarismos que informasen das pezas utilizadas (4.664) e do número de prisioneiro de Madiba (46.664).
O empeño de dez días de tarefa respondía a un obxectivo solidario: recadar diñeiro para o Centro de Mediación Social que a Cruz Vermella ten na Coruña e que atende nenos e mozos con dificultades sociais que precisan apoio educativo específico.
E por que quedou un oco para completar o retrato?
Porque tal honra quedaba reservada para un concelleiro que acudiría ao día seguinte.
mércores, 18 de xuño de 2014
martes, 17 de xuño de 2014
"Vogal" vén de "voz"
Taboleiro graffiteiro I
A fertilidade graffiteira do país é tan grande que resulta imposible adicarlle unha entrada a cada achado, así que escollín detalles dos meus arquivos fotográficos para ofrecérvolos xuntiños nesta colaxe, confiando en que os personaxes non pelexen.
luns, 16 de xuño de 2014
A Terraza, á intemperie
A Terraza de Sada continua a deteriorarse sen que a Dirección Xeral de Patrimonio acabe de declarala BIC (Ben de Interes Cultural).
O magnífico edificio modernista foi proxectado por Antonio López Hernández e erixido nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña en 1912, pero trasladouse peza a peza sobre carros de bois ata o paseo marítimo sadense en 1920. Desde entón e ata 1957 funcionou como estación para o tranvía que unía a vila mariñeira coa Coruña. Na actualidade o inmoble está ocupado por unha cafetaría que ofrece veladas de jazz ocasionalmente e cuxa concesión de explotación rematará en 2018.
Xa en 1975 o Ministerio de Cultura iniciara os trámites para declarar o quiosco Monumento Histórico-Artístico Nacional, pero o expediente rematou en augas de bacallau. E así seguimos, cunha xoia do art-decó desamparada ante o paso do tempo e dos temporais.
domingo, 15 de xuño de 2014
Ekaterina Trúsheva
Ekaterina Trúsheva é unha rapaza rusa de trece anos que acaba de idear a forma de viaxar polo espazo nun tempo récord (uns 42 anos para chegar a Alfa Centauro, a estrela máis cercana ao Sol, fronte aos 50.000 dos proxectos actuais). O vehículo imaxinado pola moza tería unha capacidade para aloxar uns cincocentos pasaxeiros e usaría como combustible o medio ambiente interestelar (composto por hidróxeno nun 70%) que sería captado por medio dun funil magnético, logo sería comprimido e quecería por reacción termonuclear.
Se queres escoitar a nova en ruso, preme no enlace:
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-nina-rusa-inventa-nave-llegar-otras-galaxias-20140331164933.html
Se queres escoitar a nova en ruso, preme no enlace:
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-nina-rusa-inventa-nave-llegar-otras-galaxias-20140331164933.html
Большое спасибо Интернет-пользователей
Cu(rrás) de bo asento
Currás pensou que o slogan do cartel ía por el |
La Silla Roja é un proxecto de Entreculturas que busca axuda para escolarizar os 57 millóns de nenos e nenas sen acceso á educación regrada que hai no mundo (datos da UNESCO).
En otubro, durante a Carreira Pedestre Popular organizada por El Correo Gallego, o ex-alcalde (e próximo edil) Ángel Currás posou sorrinte sobre a cadeira vermella instalada pola organización solidaria para dar a coñecer o seu proxecto.
E fixo moi ben, porque lle cómpre máis educación que a toda a rapazada xunta.
sábado, 14 de xuño de 2014
Nena con lapis
Ilustración: Jimmy Lawlor
|
como volantes de madeira refinada,
colariños barrocos
dunha cervantes temperá
que sostén a lanza pacífica.
Combatente da ignorancia,
a guerrilleira precoz
da palabra oceánica:
profundamente azul
mais ondulada.
Puntilla camariñá
de branca escuma
(pegada efémera
de branca escuma
(pegada efémera
sobre a area da praia)
que volverá,
calma,
ao mar.
A Churrusqueira
A Churrusqueira
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)