Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 12 de xuño de 2014

Xfest (talle XXL)

Entre as actividades do Xfest da Estrada do 29 de xuño, inclúese un concurso de cupcakes organizado polo grupo de voluntariado Big Bang.

Esta asociación non se esqueceu dos cativos. Para eles habilitará, desde as 10 da mañá:  unha zona recreativa de inchables, unha pantalla xigante para xogaren á Play Station 4 e unha área de xogos tradicionais.

Cara ás 10.30 e durante toda a xornada desenvolverase o concurso de graffiti que pretende mellorar o aspecto da zona das plataformas da estación. O mellor traballo será recompensado cun premio de 300 euros.

A zona de skate estará dispoñible desde a mañanciña para patinaxe libre, e a partir das 17 horas terá lugar unha exhibición a cargo de patinadores experimentados (Urbina, Cajaraville, Saavedra, Goyanes, Mr. Murcia, Caparrós e Soilan).


A partir das 17 horas comezarán as actuacións musicais: metal (Enki), rap (ECDG e Eleeme con Natxo Arka, Ley Innata, Kpicúa, Olímpicos) e picadiscos (DJ Webo, DJ Ayman Selekta e DJ Bonet).

Ningún comentario:

Publicar un comentario