Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 5 de xullo de 2014

Tod@s somos Castelao (ou sexa: calquera)

Erguendo o puño (un chisco)
Imaxe: Efe
No 70 aniversario da publicación en Bos Aires de Sempre en Galiza, Feijoo revélase como o libertador de Castelao, ao que designa "refén" de determinada ideoloxía. Autoproclámase o presidente da Xunta herdeiro do pensamento político do rianxeiro, chegando a afirmar que as pretensións políticas do exiliado que non puideron cumprirse na malfadada república, chegaron coa monarquía.

O que segue é un fragmento literal de Sempre en Galiza, para quen queira comprobar que acertadiño vai o Alberto.

Os nosos anceios máisimos están espresados na IV declaración de principios do programa galeguista: Galiza, célula de universalidade: Anti-imperialismo, federalismo internacional, pacifismo". Esta declaración está definida nas verbas siguentes: "O recoñecimento da persoalidade de Galiza e as arelas de anovar a súa autóctona cultura, a defensa da autodeterminación política do noso povo, a laboura pol-a potencialización da súa economía, serían angueiras estériles i egoístas se non estivesen inspiradas pol-o degoiro de armonizar na cultura universal o rexurdimento da nosa cultura, de integrar na comunidade dos povos a liberdade do noso povo, de coordinar coa solidaridade da economía mundial o melloramento da nosa economía; en suma, de que Galiza, eisistindo, "vivindo a súa vida", se capacite para ser un novo órgao da humanidade. Os galeguistas pretendemos, pois, que Galiza encha o imperativo que representa a súa vinculación a unha superior unidade human, que intente asegurar, guindando coas fronteiras, a paz dos povos e o benestar dos homes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario