Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 9 de decembro de 2014

A cruz e as verzas

 

Xunta o Paseo dos Estudantes, en Lugo, érguese esta curiosa construción (relixiosa?) coroada cunha cruz de Santiago invisible que se forma pola ausencia da materia: pode haber maior expoñente da espiritualidade?


Curiosa é tamén a coincidencia das verzas rendidas ao pé da edificación, pois as coles son - e expoño aquí o que nos conta o DRAG: 

Col  (substantivo feminino):
Planta de horta da familia das crucíferas* (Brassica oleracea), de cano alto, follas largas e comestibles, e flores amarelas en acio, que se emprega para o consumo humano e para o gando e da que existen diversas variedades.



[* O subliñado é meu.]

Ningún comentario:

Publicar un comentario