Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 11 de decembro de 2014

Ferraxaría & Libraría

Non cabe dúbida de que unha das mellores ferramentas coas que pode traballar un ser humano é un libro. En Lugo sábeno e por iso non teñen reparo en instalar nun mesmo local unha ferraxaría e unha libraría. Aquí vos deixo testemuño gráfico da convivencia pacífica de ambos comercios.


Lembrade que a normativa acordada pola RAG e o ILGa admite os sufixos -aría e -ería; aínda que recomenda usar o primeiro.

1 comentario:

  1. Está ben, sempre se pode usar un tomo de "Os pilares da terra" para cravar un cravo...

    ResponderEliminar