Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 8 de xullo de 2015

Onde está o chiste?

O texto do globo é unha tradución das declaracións do farmacéutico, 
nunha entrevista concedida esta mañá a Espejo Público
O chiste é que a Luis Melgarejo (farmacéutico sevillano) o ampare o Tribunal Constitucional na súa decisión de non dispensar a pílula poscoital por motivos de conciencia. 

E non é chiste que os medios de comunicación continúen a falar de supostos efectos abortivos da tal pastilla, desatendendo o máis mínimo rigor científico.

Déixovos aquí un enlace á páxina da OMS onde se especifican as características do medicamento ANTICONCEPTIVO en cuestión. Alí poderedes ler, entre outra información, a seguinte:

A anticoncepción de emerxencia só é eficaz nos primeiros días posteriores á relación sexual, antes da saída do óvulo do ovario e antes de que aconteza a fertilización por un espermatozoide. As pílulas anticonceptivas de emerxencia non poden interromper un embarazo establecido nin danar o embrión en desenvolvemento.

As pílulas anticonceptivas de emerxencia de levonorxestrel non teñen contraindicacións médicas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario