Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 16 de agosto de 2016

Efectos con Prisma

Prisma é unha aplicación para Android que che permite transformar as túas fotos seguindo o estilo dalgunhas famosas obras de arte. Certos efectos (especialmente ao seren utilizados con fotografías de persoas) evocan a banda deseñada, o que pode serche útil se quixeres compoñer un cómic no que as túas amizades fosen as protagonistas. Na imaxe podes ver varios exemplos de metamorfose da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
Premendo sobre o enlace ao rodapé accederás á páxina oficial de Prisma para descargares -de balde- esta aplicación.

Santa Mariña de Augas Santas (Allariz)

http://prisma-ai.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario